martes, 29 de noviembre de 2011

tranvias-sada-coruña



Añadir leyendaconstrucción da terminal da liña diante da Terraza. 
Añadir leyendaTranvía Eléctrico.
Añadir leyendaChegada do Tranvía a Terminal de Sada.


A historia do funcionamento dos tranvías na cidade da Coruña abarca sesenta anos, dos que daremos algunhas pinceladas que axuden a enmarcar esta longa etapa, que moitos quixeramos non fose interrompida. Pero dende os primerios proxectos, no ano 1876, ata que se puxeron en marcha os primeiros tranvías de tracción animal, no ano 1903, tivo que pasar máis dun cuarto de século cheo de dificultades e atrancos.

Na guía sobre A Coruña, Betanzos e Ferrol, editada en Madrid no ano 1886, da autoría de Emiliano Valverde, atopámonos coa seguinte sorpresa: na descrición da cidade herculina o autor falábanos da presencia dun «tranvía que percorre as principais rúas da poboación e chega ata a Estación da liña férrea, que a comunica con Betanzos, Lugo e Monforte». A única explicación posíbel para entender esta afirmación que se fai é que o autor realizou a guía dende Madrid.

E remato con un vídeo do que non teño moitos datos, parece que foi gravado no ano 1926, é un documental no que se pode ver nos primeiros minutos a chegada do tranvía a Sada procedente de A Coruña.