viernes, 2 de diciembre de 2011

Xa estamos no Nadal 2011

Estamos a día 2 de decembro, ¡que barbaridade! Xa faltan poucos días para o Nadal... Nestas latitudes, onde me atopo, aquí á beira do mar, pasamos do vran ó inverno, nun plis-plas... De súpeto, hai unha humidade aquí en Sada, acrecentada pola proximidade do mar, se cadra, e veña a sacalos calcetíns, xerseis, ect... Os nosos gobernantes cambiannos A HORA, e ás 7 do serán xa é noite, disque é para sermos igual que todos en Europa, coma se trocando a hora se fosen xa os nosos problemas, e as nosas dificultades... E, as nosas diferencias culturáis... Nós, os galegos, nesta esquina do mundo, aínda que estamos no mapa de España, somos máis, na miña humilde opinión coma os portugueses, pois o estar á beira do Atlántico, entrannos tódalas borrascas, tódolos cambios, tanto meteorolóxicos coma políticos, -e nós, moi sabiamente- penso eu, e tamén -estoicamente- seguimos adiante, caladiños, ca nosa vida diaria... Eu polo menos, cando fai frío digo: "teño que facelo caldo", igual que nosas Avoas e que nosas Nais! Paseniño, como levan facendo perante séculos. Por España adiante  din de nós que non sabemos nunca se vamos ou se vimos... ¡Como imos a saber se cando nos erguemos pola mañanciña, temos que enfrentarnos a varios cambios clímaticos, o longo da xornada!

Hai que ser forte para resistir, ¡e non lles digo nada os cambios que hai na nosa vida cotiá, "que si nos conxelan a paga ós Pensionistas, que o Paro estase a incrementar, que a Sra. Merkel e o Sr. Sarkozy van ¿suspender? o Tratado de Schengen, que quere dicir que as persoas xa non poderán circular libremente por Europa adiante, ¡e incluso están a falar de facer unha nova Constitución Europea. (¡Din ben, pois agora, so temos o Tratado de Lisboa que serve coma Carta Magna, ¡xa que votaron en contra dela, se vos lembrades varios países). E, por riba están a falar estos dous "iluminados" de sacarnos do Euro. ¡Co traballiño que nos custou ós maiores en caer na conta (o euro semella que as cousas custan menos que antes coa peseta) ¡Non nos decatamos que cada euro son máis de 166 ptas., das de antes... Por favor, deixénnos estar coma estamos, os Galegos de tódalas idades queremos seguir ca nosa vidiña, paseniño caladiñamente que xa temos abondo coa crise económica, o tempo, ect., e non nos dean  sempre malas noticias... ¿Ou é que en España, e no Mundo non pasa nunca nada bó? Penso que  hai aínda moitas cousas boas ó noso arredor, coma que estamos vivos e coleando, por exemplo... Acabo de ler varios xornáis: ON LINE, e vaia por Deus... ¿Que tal o de darlle premios ós xornalistas para que resalten nos seus artigos, cousas alegres?

Mag-Gatita