miércoles, 16 de octubre de 2013

HOMAXE O MEU CANCIÑO: DINO

O meu canciño faleceu -o probiño- despois de durar: 13 anos e 4 meses comigo...

Finou ás 7 da tarde do pasado domingo, despois dunha longa enfermidade: diabetes tipo 1, ficou cego desta - puñetera - doenza, na que levou nada menos que: 4.187 dosis de insulina.

Era un -Mestizo- mitade Pastor Belga, mitade de Caza. Andaba con só 2 mesiños, a pedir na Rúa S. Andrés, Da Coruña, cunha -malfeitora- (non imos a decir a etnia. Non quero ser racista. Faleceu ás 7 da tarde do domingo día 13 deste mes de outubro, dun paro cardiaco. Tiña 13 anos e 4 meses. Tiña diabetes tipo 1, que, ficou cego, pero: polo olfato sabía moi ben onde estaba todo. (Tivo que levar: 4.187 dosis de: Insulina.)

Debeulle a vida a dous rapaces de SADA, O CONSERXE DA SRC-SADA, e ó seu irmán, máis pequecho ca el, que ían a unha Pasantía.

Ó ver o estado en que o probe do animal tiña, amarrado a unha reixa, case que esganado, (pois o cordel era moi pequecho, cas patiñas queimadas seguramente con cigarrillos e:  ¡cheo de sarna! Foron moi arriscados. Collérono, meténdoo debaixo da chaqueta dun deles, pois así non os vía o conductor do coche de Sada. Pois, polo visto só se permite subir os buses os canciños dos cegos.

Dérónmo  a min. Foron bos rapaciños, dende aquí chapeau para os dous, pois salvárono, estou segura, dunha vida de malos tratos e de tortura.

Sei que lles ha de ir ben na vida, pois anque non son crente, creo que se fas ben na vida vaiche BEN... E, se fas mal vaixe Mal...

Dino coidou de min, do gatiño que eu entón tiña: Panchito. Eu con el non tiña medo ningún... Nin de día nin de noite...

Tiña eu, iso si que tela disciplina de madrugar, de deitarme tarde e de darlle a súa comidiña/auga/menciñas/asealo, ect., pois era un ser vivo coma min...

DENDE AQUÍ, FELICITO OS NENOS QUE O RESCATARON DESE INFERNO NO QUE VIVÍA e dóullelas grazas por traermo... Débolle saúde ó meu can, polo exercicio que tiven que facer, tiña moito carácter, iso si, pois os malos tratos
recórdanse sempre... Pero ¡probe do que entrase na casa! pois defendía o seu. Os gatiños rueiros tiñan pánico, as palomas/gaivotas idem.

DINO, RECORDAREITE SEMPRE CON GRAN CARIÑO, "mama" SEMPRE TE QUERERÁ / RECORDARÁ

Magdalena