miércoles, 19 de octubre de 2011

Eleccións Xeráis, ó 20 de Novembro, 2011



En Sada (Coruña), dende onde escribo, vai haber e, en toda España, eleccións xeráis, no vindeiro mes de novembro, o día 20, domingo. Anque é un día de ledicia para todos nós, españois é tamén un día dunha grande responsabilidade para todos nós, os que somos maiores, e por tanto coñecimos a Dictadura, sabemos canto nos custou Ese Dereito. (¡Eu non puiden votar ata os 34  anos!).

Ese día temo-lo deber de ir a votar polo Partido Político co que máis nos sentimos identificados; temo-lo deber, tamén de ser rigurosos. De Pensar individualmente e, colectivamente... Non votar a ningún Partido que leve nas súas listas a presuntos corruptos... ¡Xa temos na vida cotiá, moitos listillos/as, que violan a Lei, que por exemplo, que cobran varios soldos á vez! outros que non fan máis que insultar ó Adversario pero que ocultan -o seu programa. ¡Se cadra non o teñen! ou se cadra non nos din o que van a facer por Nós, ¡E os "tijeretazos" que nos van a meter, unha  vez gañadas estas eleccións.

Persoalmente, penso que a Democracia, neste últimos anos, dexenerou moito...

Teñen razón os Chavales Indignados, en todo o que reivindican... ¡Estou moi de acordo con Eles! Había que ir a unha reforma electoral, 1 Persoa = 1 Voto. ¡E non coma agora, con esta actual Lei D'Hondt, que temos, que permite estos pactos tan extranos coma tivemos que aturar nas ultimas eleccións municipáis. Tampouco estou de acordo no que a a esta Lei se refire, que favorece só ós partidos maioritarios (P.S.O.E. e P.P.,...).

Hai nos outros partidos españois, máis pequenos, ideas interesantísimas que con esta actual Lei, endexamáis se levarán a cabo. Penso que de momento non temos unha verdadeira Democracia, o ideal sería que tódolos Candidatos tivesen as mesmas oportunidades.

Tamén, gustaríame ver que os Partidos Políticos tiveran máis democracia interna; que fosen elexidos polos Afiliados ó Partido, e non coma agora, que son elexidos a dedo, incluíndo ó Cabeza de Lista. E, por último eu persoalmente penso Votar, polo Programa que individualmente/colectivamente, favoreza a: Tódolos Galegos/Españóis.

Non quero perder os Dereitos que tanto nos costou adquirir. ¿E vós?

O actual presidente, Sr. Zapatero, plegouse ós desexos do seu Partido, e do Candidato socialista Sr. Alfredo Rubalcaba, decidindo adianta-lo fin do seu mandato, que remataba en marzo do 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario