martes, 4 de octubre de 2011

A Arbore do Paseo Marítimo de Sada, que, DERRUBOU UN TORNADO..

O meu can "Dino", e máis eu, paseando á noitiña, tódolos -invernos- po-lo --mágnifico Paseo Marítimo de Sada, que se atopa á beira da: Avda. da Mariña, cunhas vistas inesquencibles - Da Outra Banda, como lle chamamos aqui, os que somos de Sada, se nos pillaba de repente unha forte treboada, ou unha tormenta de tronos con lóstregos incluídos, refiuxabamo-nos debaixo dunha grande Arbore, a meirande do devandito Paseo, xusto enfrente do noso Concello...Pois tiña unha copa tan frondosa, que nunca nos mollábamos... Pero un día, ó 17 de Abril do: 2008, veu de súpeto un Tornado furioso, de ¡non sei onde! baixou coma unha flecha po-la Rúa: Barrié de la Maza, de aqui, de Sada, e: ¡ARRINCOU O POBRE BIDUEIRO CASEQUE PO-LA RAIZ... Fixo este raio de tornado varias falcatruadas, arrincou a: Parada do Bus , de: diante do Concello... Tiroulle a unha Sra. da Avda. da Mariña, ¡!nun quinto andar!... ¡Tódalas cousas da cociña abaixo! tirou varios coches uns contra os outros, que estaban diante do Bar Tiuna; e logo,coma un rapaz travieso; voltou para a zona Das Brañas, no mesmo Casco Urban, tirándolle A CARPA,- ó Circo Roma-  que estaba entre nós; con grande ledicia, dos burros, rinocerontes, ect. que se puxeron a pastar na herba fresca,nunha rotonda enfrente, do circo, - con grande estupor dos viandantes...

Quero adicarlle o meu 1º escrito neste Blog, a ésta Fermosa Arbore, de Sada; que :NOS ARREBATOU O FURIOSO TORNADO..DEIXANDONOS A NENOS E VELLOS, SEN SOMBRA NEN ABRIGO.... E, ¡SEN CASA OS PAXARIÑOS!...

Nota:- Este Poema da nosa Poetisa: ROSALIA DE CASTRO, á que eu ademiro moitísimo, semella que foi escrito para Sada, e ó noso Paseo Marítimo: E, unha homaxe a esta Arbore, "que nos deixou " desta maneira tan absurda.Transcriboo
tal e coma Ela, o escribiu:

'Chilan as Gaviotas'... ¡Alà lonxe! ¡moi lonxe! N`a prácida Ribeira, que convida ó descanso y os amores...

Mag-gatita.






2 comentarios:

  1. Gustoume moito a túa primeira entrada. Estas historias contadas así en primeira persoa vannos ir xenial no noso futuro blog. Faltouche poñerlle un título, e algunhas cousiñas máis no texto, pero moi ben. Encantoume.

    ResponderEliminar
  2. Bonito recuerdo a nuestro árbol,te quedo precioso el articulo. Un abrazo.

    ResponderEliminar