jueves, 1 de noviembre de 2012

Día de Santos e Magosto...

Hoxe día de Santos do ano 2012,hai aqui en Sada, moita cousa... Concurso de tapas, nos bares, por tan soio 1 €, Magosto; fan zonchos nunha carpa aqui enfrente de onde moro, na:Praza Irmáns
Suarez Picallo. Estou escribindo dende -O Rincón del Abuelo- un dos millores restaurantes de Sada; que se atopa na: Praza da Pescadería, nº 5, no que por certo acabo de tomar unha -estupenda- hamburguesa, de otoño,¡ que estaba -boisíma !.
.
Estou rodeada de xente, de familias, que andan de bar en bar, seguramente, probando as tapas, en tódolos bares/restaurantes, que, ¡xa excusan xantar nas súas casas!... Ca farta que van pillar...

Somos - privilexiados en Sada, cunhas vistas o mar:¡inesquencibles!..A 2 pasos do: Porto Marítimo /Pesqueiro, cun paseo /carril-bici, no que a miudo vou en bicicleta. O que mais me gusta e ir pola : ELE,chamámoslle así os que somos de aqui, un  camiño a dereita, que se adentra na Ría, ¡semella que xa estamos no medio dela ... ¡ o pasear por alí!...

Hoxe e tamén:DIA DE SANTOS,e mañán Dos DEFUNTOS, cada ano imos sempre nestas datas -a facerlle - unha visitiña - os nosos seres queridos, xa que non podemos facer outra cousa...Pois endexamáis estarán xa connosco...  Fai 3 anos que faleceu meu pai, Manolo de Brañas, de Samoedo,  o 15 de Abril do 2009... Cousa estrana que o 3 de Decembro do mesmo ano, finou tamén o que foi o meu home: Ramón, de Bergondo, maís coñecido como: Moncho de Carro...
Teño que ir a visitalos, a onde se atopan os - seus restos- o 1º no noso cimiterio de:Fiunchedo-Sada;-- o 2º está "descansando" cós seus no : panteón familiar de Bergondo...--
Sinto unha impotencia - moi grande - ¡que lle imos facer! -e un camiño  que imos a levar todos, " esperemos máis tarde que cedo".

Por aqui pasamos soio -unha vez- asi que:debemos pasalo o mellor posible, disfrutando destas festiñas - enxebres - que nos fan a vida màis levadeira... Por sorte en Galicia, cáseque todas as nosas Celebracións son:gastronómicas... Se cadra e para ¡resarcirnos da fame que pasábamos, e, carencias de todo tipo, cando eu era pequecha!..
Hoxendía temos unha crise brutal, que está afectando a todo o mundo o meu arredor, nadie se salva; pero os galegos somos moi bós, modestia aparte, cando estamos nunha situación límite, coma a que estamos acadando... Sairemos desta ben, estou segura, pois este pobo, estos viciños meus son, en xeral moi traballadores e formales, atopáremolo xeito de -sair desta, BEN, como fixeron os nosos devanceiros, tanto aqui coma polo mundo adiante...

Magdalena.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario