jueves, 20 de octubre de 2011

Que nos pareceu este curso de Infórmatica



Hoxe, 20 de Outubro do 2.0ll, remata este curso de Informática. teño mágoa de que así sexa, pois inda me queda moito que aprender. Estamos neste día escribindo no noso Blogg, que o Mestre Victor González nos aprendeu a crear. E interesantísimo, o ter que escribir sobor calqueira tema que nos gusta, ou que nos desacouga, ou simplemente "falar" de calquera tema actual, sexan hobbies, receitas de cociña, froitas exóticas, currunchos de Sada e arredores, que as veces non coñecemos nin os que moramos en Sada, e nacimos na aldea de Samoedo, a tan só 1 km. e pico do casco urbán.

Hoxe somos nove persoas na clase. Vexo un gran interés en todos eles. Isto e debido primeiro po-lo xeito que ten VICTOR de chegar a todos nós.Sempre cun sorriso nos beizos, unha pacencia extraordinaria,¡ tendo que repetirnos as cousas 20 veces!. Eso, sí sempre con firmeza, estando moi atento o "progreso"
que imos tendo... Ou as "carencias", que eu, dende logo, teño. Teño aínda moitas dúbidas. Hai tanto do que lembrarse, en Informática,  recoñezo que as máquinas
-non e o meu forte - Ogallá fagan outro curso coma este, en Sada.

Victor:gracias mil, po-la tua inestimable axuda. E, po-lo teu caracter afable e agarimoso. Quedo a espera de que me avises, para continuar este tema dos Bloggs, que me parece moi útil, e outras cousas de Informática que eu ignoro aínda.

Para ler máis cousas que escribimos podes visitar o noso blog.

         Magdalena  Fernandez









1 comentario:

  1. Me gusta tu entrada y lo que dices veras como pronto lo entiendes de maravilla todo, date tiempo y veras como todo es mas facil,un saludo me apunto a lo que dices de Victor es profe de vocacion...

    ResponderEliminar